O consorcio provincial de Bombeiros aproba un orzamento de 3,2 millóns para o vindeiro ano

Pontevedra
28 de outubro 2015

O orzamento do ente provincial rexistra o incremento do 1 por cento aprobado polo Estado para os salarios do persoal polo que a cifra final é moi cercana ao orzamento co que contaba este organismo para o 2015

Pleno do Consorcio provincial de Bombeiros
Pleno do Consorcio provincial de Bombeiros

O pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou este mércores o orzamento para o próximo ano que queda fixado en 3,2 millóns de euros.

A presidenta da Deputación e presidenta do consorcio, Carmela Silva, deu a benvida ao delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, que tomou posesión como membro de pleno dereito do consorcio, tras o seu nomeamento para o cargo na cidade olívica.

O orzamento do ente provincial rexistra o incremento do 1 por cento aprobado polo Estado para os salarios do persoal polo que a cifra final é moi cercana ao orzamento co que contaba este organismo para o 2015.

O pleno do consorcio está conformado por Carmela Silva, como presidenta, e como vocais Carlos López Font e Javier Dios, deputados provinciais; Luis Menor, director xeral de Emerxencias da Xunta; e os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Ignacio López Chaves, respectivamente.