O coronel da Comandancia de Pontevedra si ten quen lle escriba

Pontevedra
14 de outubro 2018

As palabras do coronel Jorge González durante o acto da Virxe do Pilar reclamando a equiparación salarial provocaron un movemento de apoio ás súas reivindicacións nas redes sociais por parte de colectivos e integrantes da Garda Civil e a Policía Nacional

Coronel Jorge González Veiga
Coronel Jorge González Veiga / Mónica Patxot

"Les pido que en cuanto la situación lo permita, se incremente paulatinamente la oferta de empleo público que devuelva la cobertura total de nuestro catálogo de puestos de trabajo. Igualmente, que se incrementen las dotaciones presupuestarias que posibilita cubrir las necesidades en equipamiento policial, vehículos de transporte y acuertelamientos. Y la tan nombrada equiparación salarial, ojalá con el esfuerzo de todos se puedan cumplir los deseos y promesas".

Estas palabras reivindicativas formuladas por Jorge González, coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra, ante diversas autoridades, entre as que destacaba a subdelegada do Goberno Maica Larriba, durante o acto de festividade da patroa, a Virxe do Pilar, convertéronse nun referente para colectivos e integrantes da Garda Civil e da Policía Nacional.

Desde o venres, en Twitter sucedéronse as mostras de apoio ao coronel, agradecéndolle o xesto e reclamando que outros mandos tanto da Garda Civil como da Policía Nacional se sumen a esta iniciativa para reclamar a equiparación salarial coas policías autonómicas.

Segundo sinalan organizacións como Jusapol, a diferenza salarial cos axentes autonómicos é dunha media duns 600 euros brutos ao mes, dependendo de escalas e postos de traballo. A esta desigualdade suman tamén diferenzas nas horas extra, asistencias a xuizos en días libres, pagas extraordinarias e, sobre todo, na xubilación. A través do hashtag  manteñen unha campaña reivindicando a igualdade salarial.

Aquí pode verse unha pequena mostra dalgúns dos centos de comentarios realizados en agradecemento ao coronel Jorge González