Durante os últimos anos, a educación non foi allea ao contexto de crise xeral e sufriu con forza a diminución do investimento educativo. As principais consecuencias son unha escaseza docente e privar os nenos da oportunidade que merecen. Por sorte, sempre hai quen nada contra corrente, por exemplo no Crespo Rivas.
Esta escola de educación infantil combate os recortes cun dispendio de imaxinación e talento, a falta de diñeiro con capital humano e a escaseza de medios con profesionalidade e bo humor.
Convencidos de que a educación pública de calidade é o camiño cara a un mundo mellor, esta comunidade educativa encadea proxectos e novas ideas facendo un alarde de enxeño e creatividade.
Só así se explica que nas últimas semanas os alumnos desta escola recibisen a visita dunha nativa irlandesa que lles contou, en inglés, a tradición de Saint Patrick, ao tempo os nenos completaron un estudo sobre os duendes e os trasnos. Ou que harmonicen español, galego e inglés e mesmo se atreven co francés.
Se atreveron a xogar cos fogóns da man dun MasterChef da cociña, o estrela Michelín, Pepe Vieira
Ademais os alumnos do Instituto Sánchez Cantón comparten con eles un proxecto didáctico. Todo isto nun centro cheo de pinturas de Tapiés, Dalí, Miró ou Van Gogh, pintores que os nenos coñecen tan ben como a Peppa Pig.
Logo da súa excursión ao Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, onde participaron nun taller de cociña, esta semana se atreveron a xogar cos fogóns da man dun MasterChef da cociña, o estrela Michelín, Pepe Vieira.
Son profesores que escoitan, que nunca paran de ensinar, que brindan oportunidades, en definitiva que emanan paixón.