O cribado feito en Bueu detecta dez positivos entre persoas de 15 a 70 anos

Bueu
21 de xaneiro 2021

Ata dez persoas deron positivo no cribado realizado en Bueu entre os veciños e veciñas de 15 a 70 anos. Así o confirmou o goberno municipal que, con datos do propio Servizo Galego de Saúde, explica que se analizaron 5.963 mostras de saliva

Cribado en Bueu pola covid-19
Cribado en Bueu pola covid-19 /

Ata dez persoas deron positivo no cribado realizado en Bueu entre os veciños e veciñas de 15 a 70 anos. Así o confirmou o goberno municipal que, con datos do propio Servizo Galego de Saúde, explica que se analizaron 5.963 mostras de saliva. 

A estes datos habería que sumar, de ser o caso, os positivos que se detectaran mediante PCR entre os maiores de 70 anos e dos que, polo de agora, non transcenderon os resultados.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, valorou positivamente o resultado deste cribado no que participaron o 80% dos veciños que estaban chamados.

Asegura que esta resposta "nos permite testar a nosa situación" que, nestes momentos, deixa en Bueu 37 casos activos por covid-19 e unha incidencia acumulada a 14 de días de 250 casos por cada 100.000 habitantes.

As autoridades sanitarias recoñecen que Bueu está nunha tendencia "positiva", aínda que o alcalde sinala que aínda que a evolución sexa "esperanzadora" hai que seguir cumprindo coas restricións fixadas polo avance da pandemia.

Bueu continúa en alerta máxima, o que implica que as reunións serán dun máximo de 4 persoas, o toque de queda ás 22 horas, o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas, e a hostalería e restauración poderá abrir ata as 18 horas, pero só con atención en terrazas ou con entrega a domicilio.

Ademais, a mobilidade non se permite máis aló do municipio, quedando illados de xeito individual.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora