O Día de Colón afástase do verán para a que será xa a súa novena edición.
A popular celebración, que fai retroceder no tempo a Combarro para lembrar ao seu veciño máis ilustre, o descubridos Cristóbal Colón, retrasará este ano a súa celebración ata a última fin de semana de setembro, data na que pretende establecerse.
Así o confirmou a Asociación Combrus, unha das entidades organizadoras tras sopesar " as datas libres no calendario de eventos temáticos en Galicia e festas arraigadas en Poio".
Desta forma en lugar do mes de xullo, cando se celebrou os dous últimos anos, o Día de Colón terá lugar nesta ocasión o venres 28 e o sábado 29 de setembro.
Asímismo abriuse o prazo de inscrición para os artesáns interesados en participar no mercado medieval, podendo enviar unha solicitude ao correo electrónico [email protected].