O Encontro de Palilleiras de Portonovo non acepta máis participantes

Sanxenxo
01 de abril 2016

O evento bate un récord de participación cun incremento do 44% con respecto á pasada edición

Palilleiras
Palilleiras / Juan Mejuto

A carpa situada en Portonovo para recoller o IX Encontro de Palilleiras e que conta con 1.500 metros cadrados de superficie quedouse escasa debido á multitude de interesadas en participar.

Segundo Rosa Alarcón, presidenta de Mulleres Rurais Santa Catalina, "hoxe tivemos que empezar a dicir que non a quen nos chamou para vir, porque xa non nos queda espazo ningún para poñer ás palilleras".

Este ano o encontro bate un récord, con 722 participantes está moi por encima das 500 asistentes da pasada edición. "Tivemos que pechar a inscrición por falta de espazo", engadía a presidenta.

A organización convida a todo o mundo a que goce desta exposición e insiste en que ver traballar ás mulleres na carpa resulta tamén un importante atractivo, pero especialmente para os amantes desta arte.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora