O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria dará formación sobre coctelería de mar

Marín
11 de xaneiro 2022

Entre o 24 eo 28 de xaneiro, o espazo acollerá unha formación con clases prácticas e mentoría sobre coctelería de mar, impartido por Carlos Abilleira e Elena Victoria. Está dirixida ao sector da hostalaría e están abertas as inscricións

Presentación do curso sobre "Coctelería de mar" Concello de Marín

O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, ubicado no Parque Azul, acollerá o curso Coctelería do mar, que foi presentado este martes pola concelleira de Comercio e Turismo, Cristiña Acuña, o presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey, e Marián Barreal, tamén de AJE.

A formación estará destinada ao sector da hostalaría e contará con 12 prazas dispoñibles para o seu desenvolvemento en modalidade presencial, entre o 24 e o 28 de xaneiro, de 09.30 a 13.30 horas.

O alumnado participante nesta acción formativa, aprenderá como se fan cócteis innovadores, en cuxa elaboración estarán presentes os mariscos do entorno. Tal e como explica a concelleira, con esta acción "os hostaleiros da vila poderán aprender outro xeito de utilizar esta materia prima tan boa que temos na nosa ría" e traballarán para posicionar o sector como puntal estratéxico na promoción turística de Marín.

A formación contará con tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de evento.

O formador en coctelería será Carlos Abilleira, campión galego de Flair (coctelería acrobática) e campión galego de gin tónic, formador e cocteleiro dende fai 10 anos. A mentoría corre a cargo de Elena Vitoria, consultora e directora de proxectos de gastronomía e restauración.

Nas tres primeiras xornadas do curso, os alumnos aprenderán a facer diversos cócteis, na elaboración atoparemos productos do mar. Se ensinarán as chaves e recursos, e se guiará para que fagan o diseño dun cóctel propio. 

A cuarta xornada consitirá nunha mentorización para aconsellar o alumnado como sacar o máximo aproveitamento aos coñecementos adquiridos. 

Na ultima xornada celebrarase un evento a modo de práctica, con asistentes convidados e a porta pechada, co obxectivo de que adquiran as ferramentas cara a defender os seus cócteles con xente e tamén practicar o seu cóctel propio.

Para inscribirse, hai que escribir un mail a marin@ajepontevedra.com ou chamar ao teléfono 637 76 20 82.

O curso Coctelería do mar encádrase dentro das actividades programadas no convenio de colaboración entre o IGAPE e AJE Galicia para a realización de actividades de apoio ao emprendemento.