O futuro edificio do mercado de abastos de Sanxenxo será translúcido, sostible e funcional

Sanxenxo
29 de novembro 2020

O alcalde Telmo Martín asegura que a reforma do inmoble supoñerá unha revolución na contorna e márcase como obxectivo conseguir o financiamento necesario para facer realidade o proxecto gañador do concurso de ideas

Proxecto gañador do concurso de ideas para o futuro mercado de abastos de Sanxenxo
Proxecto gañador do concurso de ideas para o futuro mercado de abastos de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

O proxecto gañador do concurso de ideas para reformar o edificio do mercado de abastos por Sanxenxo foi elaborado polo arquitecto Toni Bosch Miquel, do estudo de arquitectura Gemma de Lleida. A proposta ofrece un deseño translúcido e sostible, cun modelo enerxético bioclimático e funcional que contará con amplos espazos diáfanos adaptables a distintos usos. 

"Va suponer un antes e  un después para a actividade comercial e hosteleira do seu entorno", aseguran desde o Concello. O alcalde Telmo Martín ve neste proxecto "moito máis que un mercado, é un espazo comercial, gastronómico, cultural e unha actuación urbanística que revalorizará o comercio e a hostelería da zona. Agora toca o máis difícil, buscar financiación".

O proxecto propón solucións que abarcan máis que o propio edificio. Como a praza entre as rúas Madrid e Constitución, o acougado do tráfico e a preferncia peonil ou a construción un aparcamento subterráneo. 

O modelo enerxético do futuro mercado será bioclimático, moi eficiente e exemplar, debido a que vai moito máis alá da normativa actual. Cada planta ten o seu sistema de climatización independente, con galerías de captación de aire quente ou frio segundo a estación do ano. No verán un sistema automatizado permitirá a apertura das lamas de cristal e o movemento dos estores de cada planta.

Os 6.243 m2 que terá o novo edificio distribúense en 2 plantas subterráneas de aparcamento e 6 plantas por encima destas.