O goberno local manterá unha soa dedicación exclusiva para o PP

Pontevedra
14 de febreiro 2014

O goberno local concederá tres salarios á oposición, pero só no período comprendido entre o 20 de decembro do 2013, data de publicación da sentenza, e o 19 de febreiro, data prevista para o pleno. A partir de aí o bipartito BNG-PSOE aprobará no pleno un novo acordo que deixará ao PP cunha soa dedicación exclusiva. O voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, cualificou esta decisión del gobierno local de "represalia"

"Executaremos a sentenza", limitouse a explicar o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao ser preguntado en rolda de prensa sobre o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que recoñece aos concelleiros do Partido Popular de Pontevedra as tres dedicacións exclusivas que tiñan asignadas ata xullo de 2012.

O rexedor declinou no concelleiro de persoal, Vicente García Legísima, a explicación sobre o novo acordo.

Efectivamente, o goberno local concederá tres salarios á oposición, pero só no período comprendido entre o 20 de decembro do 2013, data de publicación da sentenza, e o 19 de febreiro, data prevista para o pleno.

A partir de aí o bipartito BNG-PSOE aprobará no pleno un novo acordo que deixará ao PP cunha soa dedicación exclusiva.

"Esta dedicación pode ser dividida, e ademáis poderán contratar un auxiliar administrativo", informou Legísima. Será o portavoz popular, Jacobo Moreira, o que designe aos concelleiros que percibirán eses tres soldos durante eses dous meses.

Jacobo Moreira cualificou a decisión do goberno local de "represalia"

"O acordo inclue a renuncia do goberno municipal a posibilidade de esgotar o número de dedicacións exclusivas para que todos os concelleiros poidan estar liberados", afirmou o edil de persoal.

RESPOSTA DE JACOBO

O voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, que coñeceu polos medios de comunicación da decisión do goberno local, cualificouna de "represalia".

"No me van a callar", asegurou Moreira. "Yo entiendo que el alcalde está bastante molesto porque estamos denunciando continuamente el compadreo que se trae con ciertas corporaciones empresariales".

Segundo Moreira, o alcalde de Pontevedra, está "especialmente molesto con la publicación de unas imágenes a raiz de conocerse que ha sido investigado en una operación objeto de un sumario".

Respecto de a proposta de acordo que se presentará ao próximo pleno, Moreira entende que é "burlar" ao TSXG "un alcalde no se puede reir de los ciudadanos ni reirse en la cara del un Tribunal", dixo o portavoz popular que concluíu trasladando o seu desexo de que o alcalde "recapacite, que es lo que se espera de un alcalde serio y demócrata".