O goberno local presume dos bos datos económicos mentras o PP advirte que se atopa no límite de gasto

Pontevedra
16 de setembro 2015

A Comisión de Economía e Facenda aproba eximir á Universidade do IBI

Vista aérea da praza da Ferrería
Vista aérea da praza da Ferrería / Juan Mejuto

O grupo municipal do Partido Popular advertiu este mércores que, coa nova modificación de crédito aprobada polo goberno local, o Concello de Pontevedra atópase ao límite do gasto do exercicio 2015. Este feito supoñería que, se no último trimestre deste ano os ingresos nas arcas municipais non fosen os estimados, o Concello entraría en inestabilidade financiera.

"Que el Ayuntamiento entre en inestabilidad financiera implicaría la redacción de un Plan Económico Financiero y pasar a ser tutelados por otra administración", apuntou o concelleiro popular, Rafael Domínguez tras presidir este xoves a Comisión de Economía e Facenda.

O endebedamento por habitante era de 210,18 euros no ano 2014

Pola contra o concelleiro de Facenda, Raimundo González, destacou os "bos datos económicos" que reflicte o último informe do Órgano de Xestión Orzamentaria que apuntan un superávit de 4,7 millóns nas arcas municipais.

As ratios de tesourería e de liquidez inmediata amosan a "solvencia a curto plazo" do Concello. O endebedamento por habitante é de 210,18 euros no ano 2014 (no ano 2013 era de 266,82 euros).

Na Comisión de Economía e Facenda acordouse ademais a aprobación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI), ademais de eximir desta taxa á Universidade de Vigo.