O Goberno reduce ao 4% o IVA das máscaras e baixará o seu prezo máximo de venda

Pontevedra
11 de novembro 2020

Que as máscaras sexan accesibles a todo o mundo e non supoña un custo inasumible para ninguén. É o que demandaban ao Goberno desde numerosos ámbitos da sociedade e, aínda que tarde, o executivo de Pedro Sánchez escoitounos

Xente paseando con máscaras por Pontevedra
Xente paseando con máscaras por Pontevedra / Mónica Patxot

Que as máscaras sexan accesibles a todo o mundo e non supoña un custo inasumible para ninguén. É o que demandaban ao Goberno desde numerosos ámbitos da sociedade e, aínda que tarde, o executivo de Pedro Sánchez escoitounos.

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, anunciou que o IVE das máscaras, que estaba situado no tipo xeral do 21%, pasará a ser o superreducido do 4%.

Ademais, o Goberno reducirá o prezo máximo de venda das máscaras cirúrxicas, as máis empregadas pola poboación, que estaba fixado actualmente nos 0,96 euros.

Estas medidas combinadas, segundo a ministra, buscan que a redución destas marxes "se traduzca en una rebaja del precio para el consumidor final y no en un mayor margen empresarial".

Montero, durante a súa intervención no Congreso dos Deputados, explicou que o goberno español puido adoptar agora esta decisión despois de que a Comisión Europea confirmara "por escrito" que non multará a España por esta medida.

"Somos un Gobierno sensible, atento y que atiende los problemas de la gente", sinalou a responsable de Facenda ante a Cámara Baixa.

O Consello de Ministros abordará esta cuestión a próxima semana e fixará o novo prezo máximo das máscaras que, por agora, aínda se descoñece.