O Servizo Galego de Saúde informou este martes que o Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Montecelo confirmou que hai tres neumólogos contaxiados e outros catro facultativos máis doutras áreas en corentena por ser contactos estreitos.
Estes últimos son dous neumólogos máis, un médico de medicina interna e un médico interno residente (MIR).
O Hospital Montecelo foi foco de varios gromos de especial importancia durante o último mes, un no servizo de Urxencias e outro en Oncoloxía.
Do mesmo xeito que ocorreu nas anteriores ocasións cando houbo que reestrucutrar os servizos afectados, nesta ocasión o funcionamento de Neumatoloxía está a verse afectado polo gromo que lle impacta directamente a un cadro de persoal que xa presentaba un déficit de especialistas.
A unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Montecelo ten este martes a oito pacientes ingresados por covid.
DATOS RESIDENCIAS
A Xunta informou tamén este martes que o número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados con covid-19 baixou a 334. Houbo 30 altas e un total de nove falecidos e incorporáronse cinco novos casos positivos, catro deles no centro xeriátrico que agora mesmo sofre o maior gromo: DoralResidencias de Mos, cun total de 96 anciáns, seguido dos 45 de DomusVi Ribadumia.
O parte de Política Social retiran do cómputo por negativizar tres usuarios da residencia Domusvi de Ribadumia.
Dentro da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés, tamén hai anciáns diagnosticados de covid-19 na Residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados (3), e na Residencia Divina Pastora de Vilagarcía (2).
En canto aos traballadores destes centros, nas últimas 24 horas baixou o cómputo total de diagnosticados de coronavirus, ata os 233. Isto foi posible grazas a que se produciron unha vintena de curacións. Na DomusVi Ribadumia hai aínda 27 empregados contaxiados.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.