O Grove 'lava a cara' do seu casco urbano tras o confinamento

O Salnés
06 de xuño 2020

Pequenas melloras para recuperar o casco urbano tras o período de confinamento. É o traballo diario que está a facer o Concello do Grove, non só desinfectando os espazos públicos senón tamén tratando de mellorar o seu aspecto

Glorieta de República Argentina, O Grove
Glorieta de República Argentina, O Grove / Concello de O Grove

Pequenas melloras para recuperar o casco urbano tras o período de confinamento. É o traballo diario que está a facer o Concello do Grove, non só desinfectando os espazos públicos senón tamén tratando de mellorar o seu aspecto.

Así, actualizouse a glorieta de República Arxentina, colocando material para arranxar a súa base e realizáronse actuacións na fonte da Rúa do Corgo, colocando unha tapa xa que non conta con instalación para dotala de auga, ademais de mellorar con flores a súa contorna.

A incorporación de persoal de limpeza ao Concello permitirá ir poñéndose ao día con todo o pendente.

Esta semana xa se teñen incorporado seis peóns de limpeza e un operario para roza, continuando o proceso de selección os vindeiros días para contar con ata 23 operarios adicionais para recollida de lixo nas praias e outras áreas de actividade. 

Pola súa banda, o Concello tamén denunciou a aparición de depósitos incontrolados e outras prácticas prexudiciais para o medio ambiente e a limpeza da localidade.

Aseguran que, tanto no casco urbano como nos montes da localidade, téñense detectado depósitos de escombros e outros elementos impropios como electrodomésticos, colchóns ou sofás, o que supuxo que o Concello puxera en marcha as correspondentes investigacións contando xa con varias propostas de sancións que serán executadas o antes posible.

Ademais, consideran preocupante que se atoparan restos de poda ao lado dos composteiros, material pode danar o proceso de compostaxe polo que se trata dun xeito específico no punto limpo da localidade.