O servizo do guindastre de Pontevedra retirou dúas ambulancias da empresa BDM e trasladounas ao depósito municipal de San Amaro tras detectarse que circulaba cometendo supostas irregularidades.
Fontes consultadas sinalaron que a Policía Local de Pontevedra detectou o mércores as presuntas irregularidades no transporte que impedían que puidesen circular normalmente, de aí que se procedesen a inmobilizalas e a solicitar a intervención do guindastre para o seu traslado ao depósito.
Os vehículos permaneceron depositados nas instalacións da grúa dous días. Este venres foron retiradas en camión porque ata o momento, segundo as fontes consultadas, non teñen regularizada a súa situación para volver circular.
Fontes da empresa consultadas por PontevedraViva rexeitaron facer calquera comentario sobre o sucedido, se ben non desmenten a información.