O humor máis irreverente, preparado para a celebración da gran final do Certame de Murgas

Pontevedra
02 de marzo 2017

Tras a segunda semifinal celebrada durante a noite deste mércores 1, o xurado escolleu como finalistas ás agrupacións Equipo Ja, PTV, Val do Lérez e a Murga do Naveiro: Parking disuasorio World Tour

Segunda semifinal do Certame de Murgas 2017 Diego Torrado

O auditorio do Pazo da Cultura volverá encherse por terceira noite esta semana a partir das 21.00 horas deste xoves para ver a gran final do Certame de Murgas 2017. 

Durante a noite deste mércores celebrábase unha segunda semifinal moi disputada coa participación das agrupacións Murga do Naveiro: Parking disuasorio World Tour, Equipo Ja, Leña Verde, do Grove e Marajota e media, de Vilaxoán.

Finalmente, o xurado seleccionou dos oito participantes nas dúas semifinais aos catro grupos para participar na noite deste xoves na final: Equipo Ja, PTV, Val do Lérez e Charanga do Naveiro: Parking disuasorio World Tour.

Unha vez máis, os personaxes da actualidade política e social como Donald Trump ou Mariano Rajoy serán obxectivo das letras sarcásticas dos participantes, do mesmo xeito que outros temas locais como os badenes do goberno de Fernández Lores. A entrada, como sempre, será libre ata completar o aforamento.

Tanto as semifinais como a final das Murgas podes escoitalas a través de PontevedraViva Radio.