O IES Valle Inclán celebra o Día de Europa

Pontevedra
09 de maio 2022

O Instituto de Enseñanza Secundaria Valle-Inclán de Pontevedra, na súa condición de Escola Mentora Embaixadora do Parlamento Europeo, celebrou estes últimos días 'O día de Europa no ano Europeo da Xuventude'  

Visita ao Parlamento de Galicia de alumnado do IES Valle Inclán
Visita ao Parlamento de Galicia de alumnado do IES Valle Inclán / Leonor Rodríguez

O Instituto de Enseñanza Secundaria Valle-Inclán de Pontevedra, na súa condición de Escola Mentora Embaixadora do Parlamento Europeo, celebrou estes últimos días 'O día de Europa no ano Europeo da Xuventude'.

O programa de actividades incluíu unha visita ao Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, así como a creación de vídeos sobre os países da Unión Europea cos otros dous colexios dos que é escola Mentora (Colexio Vivas e Santiago Apóstol de Vigo) ou a presentación do Pacto Verde de carácter ambiental nun vídeo de boas prácticas e sustentabilidade.

Ademáis os embaixadores ex alumnos do colexio Álvarez Limeses repetiron a experiencia e por segundo ano volveron as súas antigas aulas para levar a cabo unhas actividades sobre a Unión Europea.

Asimesmo están a coordinar un curso de autocoidado e benestar emocional coa colaboración do Centro de Formación e Recursos para profesores (CEFORE).