O magosto celébrase na zona comercial en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
26 de outubro 2021

Un castañeiro repartirá castañas asadas a todos os peóns que pasen pola principal rúa comercial do casco urbán durante os días 29 e 30 de outubro

Presentación do magosto de Ponte Caldelas
Presentación do magosto de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

As rúas de Ponte Caldelas celebrarán un particular magosto, no que un castañeiro repartirá castañas asadas de maneira gratuita a todas as persoas que se acheguen ata o casco urbán.

O aroma a castañas asadas encherá as rúas e os comercios de Ponte Caldelas o venres 29 e o sábado 30 de outubro, a través dunha iniciativa que parte da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas (Coempo) e que conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente de Coempo, Suso Peleteiro, xunto a outros integrantes da directiva de Coempo presentaron esta campaña de dinamización do comercio local que prevé repartir centos de cucuruchos de castañas entre a veciñanza de Ponte Caldelas e a clientela dos comercios de Ponte Caldelas.