O Mercado de Abastos é unha caixa de sorpresas para os nenos

Pontevedra
02 de marzo 2016

Coma se dunha caixa de sorpresas se tratase os pequenos foron descubrindo os postos de peixe, de froita, de verduras, os de flores, as cámaras frigoríficas, a carne, o marisco... toda unha novidade para eles

Os nenos do Crespo Rivas visitaron o Mercado de Abastos
Os nenos do Crespo Rivas visitaron o Mercado de Abastos / EEI Crespo Rivas

Os nenos da Escola de Educación Infantil Crespo Rivas visitaron este mércores o Mercado de Abastos.

Coma se dunha caixa de sorpresas se tratase os pequenos foron descubrindo os postos de peixe, de froita, de verduras, os de flores, as cámaras frigoríficas, a carne, o marisco... toda unha novidade para eles.

Os cativos achegábanse a eles prudentes, primeiro xa con confianza preguntaban, tocaban e gozaban da experiencia.

Compraron no mercado e tamén cociñaron peixe e brochetas de froita coa guía dos cociñeiros de El Cafetín.

Cascar ovos, elaborar o reboce, rebozar o peixe e facer as brochetas amosoulles aos nenos que os produtos frescos son saudables e moi ricos.

Deixaron o Mercado cunha flor na man.