O mércores cortarase a auga en Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Poio e Bueu

Pontevedra
17 de novembro 2014

A empresa Viaqua anuncia un corte na subministración de auga programado para o próximo mércores día 19 a partir das 23:00 horas. O servizo irá recuperando a normalidade a partir das 8:00 horas do xoves ata quedar completamente reestablecer, sobre as 15:00 horas

Billa de auga
Billa de auga / PontevedraViva

A empresa Viaqua anuncia un corte na subministración de auga programado para o próximo mércores día 19 a partir das 23:00 horas. O servizo irá recuperando a normalidade a partir das 8:00 horas  do xoves ata quedar completamente reestablecido sobre as 15:00 horas.

O corte afectará aos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo e Bueu.

No caso da capital afectará especialmente ás zonas de Lérez, Avenida de Lugo, Juan Carlos I, O Marco, Otero Pedrayo, Avenida da Estación, Avenida de Vigo, Salcedo e Conde Bugallal.

O voceiro do goberno local, Raimundo González, explicou que o corte se debe ao cambio á nova conexión co encoro do Pontillón de Castro, o novo depósito de auga na parroquia de Mourente, a ampliación da estación potabilizadora e da estación de bombeo.

Entra así en funcionamento a nova arteria con máis de 20 quilómetros de canalizacións que permitirá levar a auga unha cota superior á actual para que chegue sen problemas ás parroquias máis afastadas da estación, situada en Monte Porreiro.