O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco-Dios encontra unha nova especie de cogomelo con olor a allo

Pontevedra
23 de decembro 2018

A especie foi denominada 'Entoloma vilaboense' pola súa procedencia no espazo natural das Salinas do Ulló. Nos vindeiros meses o descubrimento será publicado nunha revista internacional especializada

Entoloma vilaboense, descuberta polo micólogo Jaime B. Blanco-Dios
Entoloma vilaboense, descuberta polo micólogo Jaime B. Blanco-Dios / José Rodrigo.

O micólogo pontevedrés Jaime  B. Blanco-Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois, descubriu unha nova especie dentro do amplo panorama de cogomelos que se atopan en Galicia. 

No transcurso dunha actividade promovida por Terras de Pontevedra na que se combinaba o coñecemento micolóxico coa fotografía, o investigador atopou esta nova especie á que denominou 'Entoloma vilaboense', un nome que se dedica ao termo municipal de Vilaboa.

A súa aparición foi sobre unhas pedras e atopábase asociado a brións e liques, no espazo de gran riqueza natural nas Salinas de Ulló.

Segundo explica Blanco-Dios trátase dunha especie que presenta un sabor moi intenso e un olor a allo. Ademais, o cheiro é moi penetrante e pertence en calquera obxecto que estivese en contacto con estes cogomelos. 

Presenta ademais unhas características  microscópicas singulares, o que a converte nunha especie única no seu xénero. Nos próximos meses, o achado será publicado nunha revista internacional especializada en micoloxía dando carácter oficial a esta especie.