O Nadal de Meaño homenaxea ao sector do viño

O Salnés
27 de novembro 2021

A creación artística lucirá dende este sábado na Praza de Concello como un xesto de agarimo a produtores e viticultores e unha invitación a probar un dos brancos máis prestixiosos do mundo

Singular decoración de Nadal en Meaño
Singular decoración de Nadal en Meaño / Concello de Meaño

O Concello de Meaño aproveitará este ano a iluminación de Nadal para render unha homenaxe ao sector do viño, tan presente tanto na economía local como na fisonomía do municipio.

Si o ano pasado o equipo do alcalde Carlos Viéitez optou por un corazón de grandes dimensións que simbolizaba a unión de todas as parroquias como elemento ornamental principal, este ano a novidade será unha botella de grandes dimensións cunha copa iluminada con luces de cores.

Con ela, o goberno local fai un xesto de agarimo ao sector e unha invitación á cidadanía meañesa para que esta Nadal brinde con albariño elaborado en Meaño nos encontros familiares.

Esta composición artística acenderase inicialmente na praza do Concello aínda que esta non será a súa localización definitiva.

Meaño conta con 25 adegas, de diferentes tamaños, no seu termo municipal que marcan unha paisaxe identificativa infestada de viñedos; un sector que xera emprego e que contribúe de maneira decisiva coa actividade social e cultural dos meañeses.

"Gustaríanos que esta composición alcanzase a mesma repercusión que o corazón de Meaño, que este ano tamén nos acompañará en Nadal", explica o alcalde, Carlos Viéitez.

Meaño non compite con Vigo en número de lámpadas acesas esta Nadal pero se en orixinalidade e creatividade.