O novo abastecemento da auga irá canalizado por debaixo do río Lérez

Pontevedra
30 de xuño 2014

Os técnicos da sociedade estatal Aguas das Cuencas de España (Acuaes), decidiron que a nova canalización do abastecemento salve o río Lérez por debaixo da canle fluvial

Obras de Acuaes en Pontevedra
Obras de Acuaes en Pontevedra / Concello de Pontevedra

Os técnicos da sociedade estatal Aguas das Cuencas de España (Acuaes), decidiron que a nova canalización do abastecemento salve o río Lérez por debaixo da canle fluvial.

Ante a gran cantidade de rocha aparecida nas primeiras sondaxes, os enxeñeiros municipais suxeriran cambios no trazado previsto no proxecto orixinal para que as canalizacións fosen pegadas á pasarela xa existente.

Finalmente Acuaes decidiu manter a idea orixinal e non variar o plan destes traballos, incluídos no macroproxecto que afecta a Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Vilaboa e Marín.

O investimento global previsto para toda esta actuación é de 39,9 millóns de euros.