O novo centro de día para persoas maiores de Marín abrirá despois do verán e formará parte da rede pública autonómica

Marín
21 de marzo 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e do xerente do 'Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar', Perfecto Rodríguez, comprobou este martes, o avance nas obras de acondicionamento do primeiro andar da Casa do Mar no que se emprazará este servizo

Visita ao centro de día para persoas maiores de Marín
Visita ao centro de día para persoas maiores de Marín / Concello de Marín

A Xunta de Galicia abrirá despois do verán o novo centro de día para persoas maiores de Marín, que pasará a formar parte da rede pública autonómica. 

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e do xerente do 'Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar', Perfecto Rodríguez, comprobou este martes, o avance nas obras de acondicionamento do primeiro andar da Casa do Mar no que se emprazará este servizo.

O centro entrará en funcionamento con 20 prazas dispoñibles, que se poderán ir incrementando ata as 40 se é necesario. 

O Goberno galego financiou con 250.000 euros a adecuación e equipamento do inmoble. 

Con esta actuación renóvase por completo a Casa do Mar de Marín como espazo destinado aos coidados dos maiores e dos máis pequenos, pois no seu baixo a Xunta ten unha escola infantil.