O novo centro de saúde esgota as prazas de aparcadoiro na barriada de Virxe do Carme e Ponte Zapal

Marín
20 de setembro 2016

Por este motivo o goberno local de Marín está buscando máis espazos nas proximidades da nova instalación sanitaria

Barriada da Virxe do Carme
Barriada da Virxe do Carme / Concello de Marín

O centenar de prazas de aparcadoiro que suman a barriada Virxe do Carme e o aparcadoiro provisional de Ponte Zapal, son insuficientes para dar servizo aos usuarios do novo centro de saúde do Souto. Por este motivo o goberno local de Marín está buscando máis espazos nas proximidades da nova instalación sanitaria.

Segundo informaron desde o equipo de goberno a solución máis áxil para sumar máis prazas, sería urbanizar algúns viarios para xerar novos espazos.

Paralelamente, o Sergas espera que o Ministerio de Defensa desafecte unha pequena parcela e ceda a súa titularidade ao Concello para habilitar nela un aparcadoiro.

Durante estes días está a procederse á colocación de sinalización e pintado en varios zonas e viarios interiores da barriada Virxe do Carme.