O novo delegado territorial da Xunta visita o Edificio Administrativo de Benito Corbal

Pontevedra
23 de febreiro 2021

Luís López percorreu o inmoble que alberga a sede de 28 asociacións da cidade e cualificou o edificio como o "auténtico corazón social" de Pontevedra

El delegado da Xunta, Luis López, visita o Edificio Administrativo da Xunta en Benito Corbal Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou este martes o Edificio Administrativo de Benito Corbal, pertencente á administración autonómica, para coñecer as súas instalacións e visitar ás asociacións que teñen emprazada a súa sede social.

O representante galego cualificou o inmoble da Xunta de “auténtico corazón social” da cidade, xa que está completamente ocupado e alberga a 28 entidades para as cales este emprazamento ofrécelles un espazo axeitado para o desenvolvemento das súas actividades e tamén para dispor dunha sede social en condicións.

“Creo que a remodelación e recuperación deste edificio, en pleno centro da cidade, foi un dos grandes acertos da Xunta de Galicia, xa que ademais de contribuir enormemente á mellora urbana, serviu para favorecer a dinamización social de Pontevedra grazas ao apoio do Goberno galego ao tecido asociativo”, concluiu o delegado territorial.