O novo xeneral xefe da Brilat 'estréase' cunha visita á Subdelegación do Goberno

Pontevedra
10 de febreiro 2023

O novo xeneral da Brigada Galicia VII (Brilat), Alfonso Pardo de Santayana Galbis, que vén de relevar ao xeneral Luís Cortés, acudiu este venres a saudar oficialmente á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba

A subdelegada dálle a benvida ao novo xeneral xefe da Brilat, Alfonso Pardo de Santayana
A subdelegada dálle a benvida ao novo xeneral xefe da Brilat, Alfonso Pardo de Santayana / Mónica Patxot

O novo xeneral da Brigada Galicia VII (Brilat), Alfonso Pardo de Santayana Galbis, que vén de relevar ao xeneral Luís Cortés, acudiu este venres a saudar oficialmente á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

Pardo de Santayana, novo máximo responsable da Brilat, é unha persoa vencellada desde hai tempo a esta brigada da que chegou a ser mando do Rexemento Príncipe 3, unha unidade con sede en Siero (Asturias), entre decembro de 2019 e decembro de 2021.

Larriba recibiu ao novo xeneral e desexoulle "sorte e un mando cheo de boas accións", ao tempo que agradeceu a súa deferencia por acudir á Subdelegación.

A Subdelegada do Goberno lembrou tamén ao anterior responsable da brigada, o xeneral Luís Cortés, que recentemente abandonou o mando para incorporarse a outro destino.