O outono chega con festa ás escolas infantís

Sanxenxo
14 de outubro 2016

Os escolares da quenda de mañá das escolas infantís O Tombo e O Revel celebraron unha festa infantil temática sobre o outono nas instalacións de ambos os centros

Festa do Outono na Escola Infantil O Tombo Concello de Sanxenxo

Os escolares da quenda de mañá das escolas infantís O Tombo e O Revel celebraron unha festa infantil temática sobre o outono nas instalacións de ambos os centros. 

Nesta ocasión, os nenos xogaron e manipularon froitos e follas características desta época do ano, como laranxas e castañas.

Con elas participaron na elaboración dun mural no que, entre outros aspectos, reflectiron os tipos de árbores aos que se lles caen as follas no outono.

A través de actividades específicas, os pequenos, menores de tres anos de idade, traballaron cuestións como a cor, a forma ou a textura dos diferentes froitos.