O paro sobe en 159 persoas en outubro na cidade de Pontevedra

Pontevedra
03 de novembro 2015
Actualizado: 18:46

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en 3.371 persoas en outubro na provincia de Pontevedra respecto ao mes anterior, ata situarse o total de desempregados en 89.737, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Unha traballadora manexa unha carretiña nun almacén
Unha traballadora manexa unha carretiña nun almacén / Obra Social La Caixa

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en 3.371 persoas en outubro na provincia de Pontevedra respecto ao mes anterior, ata situarse o total de desempregados en 89.737, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Mentres, a evolución do desemprego na provincia entre o mes outubro deste ano en comparación con outubro de 2014 reflicte unha caída en 8.587 persoas, do 8,73 %.

En concreto, a capital provincial pechou o mes de outubro con 7.335 persoas sen emprego, 159 máis que o mes anterior, unha evolución similar á sufrida no resto de municipios da comarca, salvo nos casos de Barro, onde se mantivo estable, e Campo Lameiro e Portas, onde diminuíu lixeiramente.

  Octubre 2015   Setembro 2015      Variación   
Pontevedra 7.335 7.179 159 
Barro 374 374 0
Bueu 975 919 56
Caldas de Reis 970 925 45
Cambados 1.328 1.204 124
Campo Lameiro 181 185 -4
Cotobade 397 368 29
Cuntis 460 414 46
O Grove 981 803 178
A Illa de Arousa 364 324 40
A Lama 248 208 40
Marín 2.140 2.101 39
Meaño 525 448 77
Meis 499 429 70
Moraña 469 448 21
Poio 1.482 1.365 117
Ponte Caldelas 646 611 35
Portas 285 301 -16
Ribadumia 443 396 47
Sanxenxo 1.437 1.183 254
Vilagarcía de Arousa 4.088 3.880 208
Vilanova de Arousa 953 925 28

 

GALICIA

En canto á comunidade galega, o número de parados rexistrados aumentou en 6.355 persoas en outubro en Galicia respecto ao mes anterior. Isto sitúa o total de desempregados en 222.092.

O dato interanual reflicte unha caída en 21.952 persoas, do 9%.

ESPAÑA

No conxunto estatal, o paro subiu en 82.327 persoas en outubro, un 2% en relación con setembro, ata 4.176.369. Este repunte, co que se encadean tres meses consecutivos de ascensos, supera o rexistrado en outubro de 2014 (79.154 parados máis) pero é inferior aos ascensos experimentados en 2013, 2012 e 2011.

Arquivado en