O parque infantil da Rúa dos Soutos estrea a súa renovada imaxe

Pontevedra
25 de abril 2020

O servizo municipal de Parques e Xardíns segue a aproveitar que todos os parques infantís están pechados pola pandemia do coronavirus para seguir avanzando nos traballos de reparación. O último en ser renovado foi o situado na Rúa dos Soutos

Parque infantil da Rúa dos Soutos Concello de Pontevedra

O servizo municipal de Parques e Xardíns segue a aproveitar que todos os parques infantís están pechados pola pandemia do coronavirus para seguir avanzando nos traballos de reparación. O último en ser renovado foi o situado na Rúa dos Soutos.

Nesta actuación investíronse 1.800 euros que permitiron a substitución completa de varios postes deteriorados en bambáns, a reparación do valado perimetral, o pintado de pezas, a substitución de parafusos en mal estado e o arranxo do céspede artificial, que incluíu a limpeza e o seu peiteado mecánico.

Ademais, tamén se fixo unha achega de area de seixo para restaurar o pavimento e mellorar así a súa capacidade de amortiguación.

A finalidade destes traballos é que as instalacións de xogos estean en perfectas condicións cando se levanten as restricións do estado de alarma.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora