O Paseo de Silgar transformarase no paseo das estrelas

Sanxenxo
08 de xullo 2014

Veciños e visitantes poderán utilizar os telescopios que a Universidade de Santiago de Compostela instalará dende as 22.30 ata as 00.00 horas na plazuela Rosa dos Ventos

Instalaranse telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Instalaranse telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María Aller / NASA

A plazuela coñecida como Rosa dos Ventos, situada no paseo de Silgar, transformarase mañá nun centro de observación astronómica.

Alí, veciños e visitantes poderán utilizar dende as 22.30 ás 00.00 horas os telescopios que instalará o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo achegar a ciencia astronómica a toda a sociedade.

Esta actividade, dirixida a todos os públicos e coordinada pola Concellaría de Medio Ambiente, está incluída en 'Todocosmos', o programa de divulgación da USC, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e no que participan sete municipios galegos.