Un mes despois do ataque no que un grupo de residentes do poboado do Vao de Arriba, en Poio, atacaron primeiro á Garda Civil e logo á Policía Local, dez dos implicados na agresión seguen en prisión provisional e os seus veciños consideran que se debe a un caso de "racismo", pois non teñen antecedentes e non cometeron delitos de sangue nin causaron lesións graves.
Esta tese sostena o pastor do poboado, que difundiu un vídeo por redes sociais no que le un comunicado pedindo a liberdade dos dez detidos e relatan todos os pasos que deron ata o de agora para pedir perdón polo ocorrido. Entre outras cuestións, aseguran que "le hemos dicho a la Guardia Civil, a la Policía Local, al alcalde que en el poblado no no se venden más droga".
No seu comunicado, o pastor profunda neste concepto e asegura que neste asentamento chabolista, no que aínda a semana pasada a Garda Civil realizou seis detencións por tráfico de drogas, "no hay trapicheo".
O pastor lembra que xa hai semanas realizaron un vídeo similar a este mostrando o seu arrepentimento e pedíronlle perdón "persoalmente" á Garda Civil, a Policía Local de Poio e o alcalde, Luciano Sobral. Consideran que con este proceder "nos estamos humillando en todo momento" e, a pesar de todo, non lles fan caso.
"Estamos a poñer moito da nosa parte", aseguran, e interpretan a falta de noticias apelando ao racismo. "Me da igual de los comentarios que me digáis o los insultos que me pongáis, pero os voy a decir una verdad", prosegue o pastor. Esa "verdade" é que "están en la calle asesinos, violadores, pederastas, secuestradores, atracadores y quizás vives enfrente de uno de ellos. Todo esto está en los payos".
Desta forma, asegura que "en el pueblo gitano no matamos a nuestros hijos ni a nuestros padres, no matamos a nuestras mujeres, no existen pederastas, no fabricamos ni ponemos explosivos muriendo tanta gente, no tiramos a nuestras mujeres por la ventana, no descuartizados a las personas, todo está en los payos. ¿Dónde está el delito grave del gitano? No le veo"..
Así, insiste en que "puede ser que algún gitano cometa algún delito grave de 15 en 15 años, pero los payos comenten todos los días". E, baseándose nesa afirmación, piden a liberdade para os dez detidos pola agresión a policías locais e gardas civís porque hoxe hai un mes que xa tiñan que estar na rúa.
"Llego a pensar que puede ser algo de racismo. Por favor, necesitamos a los presos que ya estén en la calle", conclúe.