O pianista James Rhodes coñece o centro peonil de Pontevedra: "es una de las cosas más impresionantes que he visto"

Pontevedra
19 de maio 2019

O intérprete británico percorreu o centro histórico acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pola concelleira de Cultura, Carmen Fouces e pola xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela. O músico ofrecerá este domingo 19 un concerto no Pazo da Cultura para o que se esgotaron as entradas

James Rhodes visita Pontevedra
James Rhodes visita Pontevedra

James Rhodes, o pianista británico coñecido polo seu labor de difusión da música clásica, ademais de pola súa loita contra o abuso sexual infantil, está xa en Pontevedra. Este domingo, ás 20.30 horas, o auditorio do Pazo da Cultura será o escenario onde ofrecerá un dos seus demandados concertos. Dous meses e medio antes da súa actuación, as entradas xa quedaban esgotadas..

Durante este sábado, Rhodes tivo oportunidade de coñecer con detalle o centro histórico e as zonas peonís da cidade. Nesta ocasión, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores exerceu de anfitrión e acompañou o músico ao longo do percorrido explicándolle o modelo de cidade. Remataron nun establecemento da zona monumental.

Xunto ao alcalde, a visita guiada contou coa presenza da concelleira de Cultura Carmen Fouces e coa xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela. Tamén a cantante pontevedresa Cora Velasco formou parte deste roteiro con este músico que sempre amosa o seu cariño por Galicia e pola lingua galega nas redes sociais. 

Na mañá deste sábado publicaba un vídeo desde o avión entrando na ría de Vigo co texto: "É fermosa estar aquí en Galicia ❤️ Concerto mañá en Pontevedra!"

E despois da visita turística por Pontevedra lanzaba este chío para destacar as excelencias da cidade do Lérez: