Se a choiva non o impide, o vindeiro luns 10 de outubro está previsto o inicio da última actuación pendente para habilitar o 'skatepark' en Raíña Vitoria, co pintado da zona.
Así o avanza o Concello de Pontevedra, sinalando que só a previsión meteorolóxica pode atrasar a acción xa que non se podería realizar co firme mollado.
O pintado quedará finalizado en principio o mércores día 12, data na que quedará rematada por completo a 'skatepraza'. Durante este tempo non poderá ser utilizada polos practicantes dos deportes urbanos.
Segundo explica o goberno local, o pintado do asfalto faise necesario para eliminar a rugosidade do firme e permitir un mellor esvaramento de patíns, monopatines e patinetes.
O asfalto da rúa pasará a ter unha cor gris, seguindo a gama de cores da actual imaxe corporativa do Concello, con algunhas decoracións en azul.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.