O Plan Concilia de Sanxenxo arrinca con 167 rexistrados e unha lista de espera de 7

Sanxenxo
29 de xuño 2021

A alta demanda do servizo municipal ha requirido contratar un novo monitor para dar resposta ás familias

Participantes no Plan Concilia de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Apenas nove días despois de que arrincase o Plan Concilia de Sanxenxo, xa hai 167 rexistrados e unha lista de espera de 7, o que obriga a reforzar o persoal para dar resposta á demanda das familias. En total contratáronse un total de 18 monitores, un deles incorporarase nos próximos días e permitirá acoller aos nenos e nenas que se quedaron sen praza cumprindo a cociente de 10 usuarios por monitor, marcada pola actual normativa sanitaria. 

O Concello de Sanxenxo apostou este ano, en colaboración coa Asociación Xuvenil Saraiba do Mar, por reforzar e diversificar un programa destinado ás familias que necesitan compaxinar a vida laboral e familiar durante o verán. 

O plan conta con dúas propostas complementarias, coordinadas polas concellerías de Educación e Deportes, en dúas localizacións diferentes. O pavillón municipal de Baltar acolle a modalidade deportiva, en horario de 8 a 16 horas, pensada para nenos entre 6 e 14 anos, nos que se practicarán baloncesto, fútbol, voleibol praia, balonmán, béisbol, xogos na natureza. entre outras posibilidades.

O pavillón municipal da Florida é a localización para a proposta lúdica, prevista para nenos entre 3 e 12 anos, en horario de 8 a 15 horas, na que se inclúen veladas nocturnas, saídas ás praias, xogos tradicionais, xogos grupais, xogos de auga, manualidades, contacontos e demáis.

En canto ás tarifas, de 9 a 15 horas, fíxase unha cota por quincena de 60 euros por un mes 90 euros por dous meses, 170 euros e o programa completo por 200 euros. Se a familia necesita ampliar o horario, de 8 a 9 horas, deberase abonar 10 euros por quincena, e de 15 a 16 horas, terá un custo suplementario de 10 euros por quincena.