O Plan Concilia de Sanxenxo confina a 16 menores polo positivo dunha monitora

Sanxenxo
22 de xullo 2021

O venres 23 e o sábado 24 de xullo Sanxenxo non abrirá o servizo de socorrismo en ningunha das súas praias dado que as previsións meteorolóxicas son moi desfavorables e para garantir o descanso do persoal, que leva moitos días sen descanso para cubrir aos 22 traballadores de baixa por positivos en covid-19  

Proba PCR
Proba PCR / Pedro França

Os responsables do Plan Concilia de Sanxenxo decidiron o confinamento de 16 menores que participan no programa. A medida adoptouse seguindo os protocolos sanitarios tras detectarse que deu positivo unha das monitoras.

O positivo en covid-19 obrigou tamén a confinar a outra compañeira da monitora afectada. Esta primeira afectada que deu positivo reincorporarase á actividade o luns xa que este mércores xa deu negativo na proba  PCR.    

No Plan Concilia participan este verán 165 nenos e as actividades desenvólvense maioritariamente ao aire libre e, en calquera caso, sempre seguindo un estrito protocolo de seguridade. 

SEN SOCORRISTAS NAS PRAIAS

O Concello de Sanxenxo tamén anunciou este xoves que o venres 23 e o sábado 24 de xullo non abrirá o servizo de socorrismo en ningunha das súas praias dado que as previsións meteorolóxicas son moi desfavorables.

Nestes momentos, entre positivos e confinados por seguridade, hai 22 socorristas de baixa dun persoal de 80. 

A acumulación de días sen descanso do persoal que non deu positivo ou non se confinou para afectar ás menos praias posibles recomenda aproveitar a mala climatoloxía para dar descanso ao persoal que tivo que facer un sobre esforzo desde que se deron os primeiros positivos e confinados.