O pleno de Marín dá luz verde á mellora da estación de bombeo de Lameira

Marín
14 de abril 2016

Cunha única abstención, a de Marea, e o voto favorable de todos os demais grupos da corporación municipal, o pleno de Marín aprobou o proxecto de mellora da estación de bombeo de Lameira, de cara a súa exposición pública e posterior licitación por parte deAugas de Galicia

Pleno do Concello de Marín
Pleno do Concello de Marín / Concello de Marín

Cunha única abstención, a de Marea, e o voto favorable de todos os demais grupos da corporación municipal, o pleno de Marín aprobou o proxecto de mellora da estación de bombeo de Lameira, de cara a súa exposición pública e posterior licitación por parte deAugas de Galicia.

Trátase dunha actuación que complementa á obra de mellora do colector xeral en Marín.

Con esta obra se farán as actuacións necesarias para a mellora do saneamento na conca do río Lameira, coa construción dun depósito de retención ou tanque de tormentas e un novo bombeo que substitúa ao actual.

A auga impulsarase dende o novo tanque de tormentas ata o novo colector interceptor e instalarase unha nova tubaxe de impulsión que discorrerá dende o entorno da gasolineira pola avenida de Ourense, ata a altura do Concello, polo marxe do paseo marítimo.

Todos os informes municipais e as autorización sectoriais son favorables.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, defendeu este proxecto que, segundo destacou, segue nos pasos de apostar pola mellora do saneamento do municipio.