O portavoz do Goberno local sobre a elección de Moreira: "Parece que non tivo moita acollida entre os militantes"

Pontevedra
14 de xullo 2014

Raimundo González referiuse ao novo presidente local do Partido Popular de Pontevedra para destacar o escaso apoio recibido e a falta de asistencia durante o congreso que se celebrou o sábado 12

Jacobo Moreira durante o Congreso local do Partido Popular
Jacobo Moreira durante o Congreso local do Partido Popular / Partido Popular
Raimundo González sinala que a elección de Moreira como presidente local do PP non xerou entusiasmo /

O portavoz do Goberno local de Pontevedra, Raimundo González, apuntou que a elección de Jacobo Moreira como presidente local do Partido Popular durante o congreso celebrado este sábado 12 "non tivo moita acollida dentro dos propios militantes do Partido Popular".

O concelleiro do BNG sinalou que, a pesar de tratarse dunha cuestión interna dos populares, se sorprendera por Jacobo Moreira presentara o dobre de avais que de votos durante o seu proceso de elección. O novo presidente obtivo 115 votos cando conseguira 323 avais para presentar a súa candidatura.

"A maioría dos militantes do PP non foron a votar, non sei por que razóns, pero imaxino que non xenerou moito entusiasmo dentro da militancia e do Partido Popular", insistiu Raimundo González ao ser preguntado por este nomeamento.

O novo presidente local do Partido Popular tomou posesión durante este luns 14 do seu escano no Parlamento de Galicia. Compatibilizará o seu traballo como deputado coa actividade como xefe da oposición e presidente local do PP en Pontevedra.