O Porto de Marín experimentou neste ano unha suba do 3% en volume de mercancías

Marín
23 de setembro 2021

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra avalía durante este mes de setembro os datos de actividade portuaria rexistrada ata o 31 de agosto e detecta un incremento no tráfico de mercadorías no Porto de Marín con respecto ao mesmo período do exercicio anterior

Descarga de graneis no Porto de Marín Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra avalía durante este mes de setembro os datos de actividade portuaria rexistrada ata o 31 de agosto.

Os datos provisionais sobre movemento de mercadorías no Porto de Marín reflicten unha subida próxima ao 3% nestes primeiros 8 meses do ano con respecto ao mesmo período do exercicio anterior.

O incremento dáse nos principais grupos de mercadorías. Tanto os graneis sólidos, que soben un 2,63% en 2021, como na mercadoría xeral convencional (non transportada en contedor) que se incrementa un 3,9%. Ademais, crece preto dun 1% a mercadoría en contedor.

A pesca fresca e o avituallamento son outros dos capítulos que rexistran un incremento ata agosto con respecto a 2020. En concreto, soben un 15% e un 7% respectivamente nestes 8 primeiros meses de 2021 en relación ao ano anterior.

O número de buques mercantes que atracaron nos peiraos de Marín entre xaneiro e agosto tamén crece un 2% en comparativa co ano pasado.