O PP consultará con veciños e comerciantes os cambios de tráfico no centro

Pontevedra
16 de abril 2016

Antes de dar a súa opinión ao respecto dos cambios no sentido do tráfico que planea o goberno central en varias rúas da cidade, o Partido Popular quere pulsar a opinión dos veciños e comerciantes da zona. Así o anuncia o seu voceiro, Jacobo Moreira, que iniciará esa rolda de contactos nos próximos días

María José Rodríguez Teso, Jacobo Moreira e José Luis Martín, en rolda de prensa
María José Rodríguez Teso, Jacobo Moreira e José Luis Martín, en rolda de prensa / Mónica Patxot

Antes de dar a súa opinión ao respecto dos cambios no sentido do tráfico que planea o goberno central en varias rúas da cidade, o Partido Popular quere pulsar a opinión dos veciños e comerciantes da zona.

Así o anuncia o seu voceiro, Jacobo Moreira, que iniciará esa rolda de contactos nos próximos días.

Os populares entenden que unha modificación deste calado debería consultarse cos principais colectivos implicados, "pois eles serán os que se vexan afectados ante as decisións políticas que se tomen".

Ademais, tamén escoitarán a opinión dos veciños do rural e dos barrios periféricos pois se trata, advirte, dunha medida que se vai adoptar no centro da cidade e que polo tanto, "todos os pontevedreses deberiamos ser partícipes".

Moreira reitera a necesidade de que o goberno tamén escoite aos veciños afectados porque entende que "de nada sirve consultarlle a súa opinión unha vez a obra está executada", como sucedeu, na súa opinión, cos traballos desenvolvidos en Barcelos.