O PP di que alcalde de Ponte Caldelas está "obsesionado polas fotos e os titulares" e esíxenlle que se poña a traballar

Ponte Caldelas
03 de decembro 2016

Ricardo Castro, edil do PP criticou a actitude do goberno local respecto ao proxecto da estrada PO-234, no que a Xunta esixe ao Concello que consiga a cesión gratuíta dos terreos para acometer sen acudir á expropiación esta reforma que é de competencia autonómica

José Manuel Cores Tourís con Ricardo Castro e Inés Sánchez Xunta de Galicia

"Andrés Díaz debería deixar de vivir tan obsesionado polas fotos e os titulares, e poñerse a traballar polos veciños de Ponte Caldelas, o ano e medio que leva na alcaldía son só un compendio de festas e redes sociais, sen unha soa obra importante en todo o municipio", así de rotundo pronunciouse o portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Ponte Caldelas, Ricardo Castro.

O edil do PP criticou a actitude do goberno local respecto ao proxecto da estrada PO-234, no que a Xunta esixe ao Concello que consiga a cesión gratuíta dos terreos para acometer sen acudir á expropiación para esta reforma que é de competencia autonómica.

Ricardo Castro acusou ó rexedor de "marear a perdiz durante meses" con este proxecto "por mero interese electoral, poñendo por diante dos veciños do municipio as súas aspiracións políticas".

Finalmente o Partido Popular de Ponte Caldelas lémbralle a Andrés Díaz que nas obras das beirarrúas e a rotonda de Cuñas foi o Concello o que xestionou a cesión dos terreos polo que cualificaron de "escusa de mal pagador dicir que os convenios de cesión son ilegais".

Arquivado en