O PP emenda a "ambigua" moción do PSOE para a reapertura completa de Raíña Vitoria

Pontevedra
27 de xullo 2023

Rafa Domínguez sostén que a "única alternativa viable" para a avenida Reina Vitoria pasa pola súa "reapertura completa ao tráfico" e que "a idea do PSOE non se entende". "Non sabemos aínda se é o tráfico sería de entrada ou de saída", critica 

Simulación do proxecto da candidatura de Iván Puentes (PSOE) para Raíña Vitoria
Simulación do proxecto da candidatura de Iván Puentes (PSOE) para Raíña Vitoria / PSOE de Pontevedra

O PP de Pontevedra presentou unha emenda á moción que o PSOE levará ao próximo pleno da Corporación, previsto para a próxima semana, relativa á reapertura da avenida Reina Vitoria, pechada no último mandato polo Goberno local. Os 'populares' consideran a petición socialista "ambigua" e queren modificala. 

O presidente local do PP, Rafa Domínguez, sostén que a "única alternativa viable" para a avenida Reina Vitoria pasa pola súa "reapertura completa ao tráfico" e que "a idea do PSOE non se entende"

"Non sabemos aínda se é o tráfico sería de entrada ou de saída", critica Domínguez sobre a moción socialista, e segue insistindo en que o peche é "ilóxico" e "non achegou un só beneficio social, económico nin viario". 

O PP xa defendeu en catro ocasiones no pleno municipal a reapertura, tendo sempre os votos en contra do resto da Corporación. Ao BNG repróchalle que "ignora sistematicamente" a opinión dos cidadáns sobre esta polémica e ao PSOE que "se aproveita dela para dar bandazos".

Fronte á "ambigüidade" dos socialistas, no PP mantéñense "firmes" e insisten no seu "compromiso" coa reapertura e na súa intención de "defender os intereses dunha cidade que necesita recuperar unha das arterias principais de acceso e saída do centro urbano".