O Pleno do Concello de Pontevedra, cos votos a favor do Partido Popular e o Partido Socialista, aprobou a reapertura ao tráfico da avenida Raíña Vitoria e a substitución dos lombos nas vías sanitarias.
Ambos os asuntos presentáronse na orde do día como mocións defendidas polo PSOE que foron apoiadas polo PP. Foron 16 votos a favor (once dos populares e cinco dos socialistas) e nove en contra do Bloque.
En virtude do acordado na sesión plenaria deste luns, a corporación municipal de Pontevedra insta o goberno local a iniciar os traballos para a redacción do proxecto de humanización, reforma e usos da avenida Reina Vitoria Eugenia.
Este proxecto deberá contemplar a transformación de todo o espazo nunha rúa de plataforma única con preferencia peonil.
Ademais, incluirá a apertura dos Xardíns de Vincenti (parque das Palmeiras) a esta rúa, mediante unhas escaleiras ao longo de todo o ámbito, que conecten ambos os espazos e, ao mesmo tempo, actúen como bancadas para os eventos que se poidan organizar nesta nova zona convertida nunha gran praza de usos múltiples.
Esta reforma de Raíña Vitoria incluirá o "paso restrinxido de vehículos", adoptando para iso "as medidas necesarias para garantir que se eviten, en todo caso, os tráficos de pasada e outro tipo de accesos distintos de residentes, servizos e acceso a negocios; supeditando os sentidos de circulación aos informes técnicos oportunos".
O portavoz socialista Iván Puentes agradeceu o apoio do PP á súa moción.
Na súa intervención o portavoz municipal do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, lembrou que o seu partido defendeu, ata en catro ocasiones no pleno municipal durante o pasado mandato, a reapertura inmediata de Raíña Vitoria. "Nuestra posición no ha variado", destacou.
Rafa Domínguez asegurou que esta reapertura parcial que propón o PSOE "es una medida con la que el Partido Popular se puede sentir cómodo" e sinalou que "ahora vamos a ver si el BNG y el señor Lores on demócratas y aceptan lo que quieren la mayoría de los pontevedreses representados en este pleno".
O portavoz popular celebrou este "acordo de mínimos" cos socialistas aos que reprochou o seu "doble cara" porque, segundo díxolles "el PSOE cuando gobierna vota una cosa y cuando está en la oposición vota otra".
Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, César Mosquera, interpretou a moción como "un debate entre el PSOE y el PP por ver quien hace la oposición más montaraz" e advertiu das dificultades que pode poñer Patrimonio á proposta de eliminar o muro da Alameda que, nese aspecto, asegura que non ten "ningunha viabilidade".
Ademais, o concelleiro nacionalista referiuse ao aumento do tráfico que esta reapertura de Raíña Vitoria producirá na Praza de Galicia e Eduardo Pondal co cal "obviamente haberá que tomar outras medidas probablemente bastante máis difíciles ou enérxicas".
VÍAS SANITARIAS
Tamén houbo acordo entre o Partido Popular e o Partido Socialista para que os pasos sobreelevados (lombos) sexan substituídos nas vías sanitarias por outros elementos físicos (rotondas, falsas curvas, estreitamento de carrís...) "que fagan compatible a correcta atención sanitaria no interior das ambulancias e o axeitado traslado dos doentes coa necesaria evitación dos excesos de velocidade, garantindo que se cumpra, en todo caso, a normativa municipal ao respecto" co obxectivo de evitar os riscos que, segundo argumentaron, supoen os lombos tanto para pacientes como para profesionais sanitarios nos traslados en ambulancia.