O PP esixe á Deputación a mellora da EP-0508 ao seu paso por San Amaro

Umia
13 de maio 2021

Os populares alertan dunha vertedura de fecais nunha das cunetas da vía, de falta de visibilidade, de desniveis perigosos e da ausencia de beiravías para a segura circulación de peóns

El Partido Popular asixe melloras na estrada provincial que cruza San Amaro
El Partido Popular asixe melloras na estrada provincial que cruza San Amaro / Partido Popular de Pontevedra

O Partido Popular de Barro denuncia unha vertedura de augas fecais na EP-0508, en San Amaro. Unha queixa que os populares unen ás súas reclamacións pola falta de seguridade viaria que sofren os veciños e usuarios desta estrada provincial, que non chega aos catro metros de ancho, sen beiravías para que circulen os peóns e con desniveis ao carón da estrada que fan que en condicións de pouca visibilidade, unha saída da estrada poida provocar importantes danos. 

Os concelleiros do grupo municipal, xunto a deputados provinciais do PP e membros da plataforma de veciños de Portela, comprobaron “a situación tan desagradable dunha estrada pola que transitan a diario veciños de dous núcleos de poboación, e que tamén forma parte do Camiño xacobeo”.  

Para o portavoz do grupo provincial, Jorge Cubela, “esta estrada é outro exemplo do abandono que están a sufrir os veciños de Barro e do rural da provincia con esta Deputación de Pontevedra”. Así, cuestiona que “cos millóns de euros que teñen de orzamento e cos aforros que hai na caixa, é incomprensible que teñan estradas neste estado de inseguridade e insalubridad".

Por iso, reclaman unha solución urxente. “Hai espazo suficiente para facer canalizacións, meter recheos, ampliar a estrada e crear zonas seguras para os peóns”, defende José Suárez, o portavoz local do partido, que acusa o alcalde de “consentir” esta situación. 

Pola súa banda, Esther Fontán, coordinadora da plataforma de veciños dixo que senten “discriminados” e lamenta que a EP-0508 continúe neste estado “tan deplorable, unha verdadeira vergoña para a imaxe de Barro”.