O PP esixe a Fouces "pedir perdón inmediatamente" por chamar "machirulos" a un grupo de traballadores municipais

Pontevedra
25 de marzo 2022

A popular Pepa Pardo sumouse ademais á petición de dimisión da concelleira responsable de Persoal que solicitou a propia Xunta de Persoal do Concello

Pepa Pardo, concelleira e deputada do PP Mónica Patxot

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo solicitou á responsable municipal de persoal, Carmen Fouces, que se retracte das súas declaracións nas que cualificaba de 'machirulos' a un grupo de traballadores municipais ao entender que deixaran de lado as reivindicacións laborais optando "pola violencia, polos insultos e polos escraches".

"Queremos condenar os termos cos que Fouces dirixiuse aos traballadores do Concello. Xa está ben que desde a concellería de persoal se desprecie mañá, tarde e noite aos empregados municipais", defendeu este venres a representante popular.

Segundo Pardo "non se pode consentir que unha representante pública se exprese desta maneira", polo que "debe retractarse e pedir perdón inmediatamente", defendeu.

A representante do Partido Popular local adheriuse ademais á petición da Xunta de Persoal do Concello esixindo a dimisión de Fouces.