O PP local traslada o seu apoio ao novo mapa xudicial "porque beneficia a Pontevedra"

Pontevedra
09 de abril 2014

O voceiro popular, Jacobo Moreira, explicou que á marxe doutras consideracións positivas, resulta "manifiestamente obvio que no perjudica, sino todo lo contrario", aos intereses da cidade de Pontevedra

Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal do PP en Pontevedra Mónica Patxot

A reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial impulsada por Gallardón e aprobada o pasado venres polo Goberno que preside Mariano Rajoy, encontrou un aliado no PP de Pontevedra. O voceiro popular, Jacobo Moreira, explicou que á marxe doutras consideracións positivas, resulta "manifiestamente obvio que no perjudica, sino todo lo contrario", aos intereses da cidade de Pontevedra.

Jacobo Moreira enviou unha mensaxe directa ao alcalde de Vigo, o socialista, Abel Caballero, "tiene que asumir que Pontevedra es y seguirá siendo la capital de la provincia, con independencia de que en un momento dado el interés ciudadano recomiende una distribución de los servicios administrativos más o menos centralizada".

Moreira demandou publicamente a unidade da cidade a favor dunha iniciativa que "es muy buena para Pontevedra se mire como se mire puesto que es la capital de la provincia y van a seguir siéndolo, y por el tanto tiene asegurada una de la sedes principales de los denominados tribunales de Instancia".

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación deste mércores, o voceiro popular recordou que en 1999, cando se concretou a segregación da Audiencia, Fernández Lores aproveitou a corrente localista para achegarse á Alcaldía, que finalmente conseguiu. "Lo que sería incomprensible es que ahora no defienda este proyecto porque Pontevedra tiene mucho que ganar, insisto, sin perjudicar a los vecinos de ninguna otra villa o ciudad".

Neste sentido, Moreira criticou tanto Lores como ao socialista Louro "por dimitir de sus responsabilidades en la defensa de los intereses de la ciudad".

A maiores, referiuse ao carácter administrativo de Pontevedra fronte aos sinais de identidade doutras localidades, como o caso do turismo con Sanxenxo, o porto en Marín ou a importante actividade industrial de Vigo.