O PP pedirá unha comisión que investigue os motivos das demandas xudiciais dos concellos contra a Deputación

Pontevedra
18 de outubro 2018

Así o explicaron os deputados Ángel Moldes e Luis Aragunde en rolda de prensa, na que sinalaron que "os alcaldes van directamente ao xulgado porque se senten desprotexidos, senten que desde a Deputación están prexudicando aos seus veciños"

Ángel Moldes e Luis Aragunde
Ángel Moldes e Luis Aragunde / PP provincial

O grupo provincial do Partido Popular anunciou este xoves que no próximo pleno da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o venres 26, vai pedir a creación dunha comisión informativa especial na que se investiguen e avalíen os motivos das demandas xudiciais que están presentando os concellos contra a Deputación e na que se informe do estado e da evolución de cada demanda.

Así o explicaron os deputados Ángel Moldes e Luis Aragunde en rolda de prensa, na que sinalaron que "os alcaldes van directamente ao xulgado porque se senten desprotexidos, senten que desde a Deputación están prexudicando aos seus veciños".

Concellos como Sanxenxo, A Lama ou Vilanova xa presentaron denuncias no xulgado, "e temos constancia de que hai outros que tamén as están preparando", sinalou Luis Aragunde.

Os populares din que non se entendería que esta moción non se levase ao debate do pleno xa que "sería un claro exemplo do ocultismo e a falta de democracia que existe na Deputación".

RESPOSTA DO GOBERNO PROVINCIAL

"El PP eligió la línea de la protesta ridícula sin sentido y a nosotros nos corresponde seguir gobernando desde la equidad, haciendo públicos datos que demuestran que nunca se atendió tan bien como hasta ahora a los concellos de la provincia sin distinción", respondeu o deputado provincial Carlos López Font.

Este voceiro do goberno provincial referiuse á denuncia interposta polo Concello da Lama reiterando que a súa proposta non acadou o mínimo esixido polas bases para beneficiarse do Plan Deporemse e engadiu que "me sorprende que no hubiese dicho nada de las bases cuando se publicaron y que ahora quiera recurrir a la vía judicial".

"Los alcaldes y alcaldesas del PP no están acostumbrados y acostumbradas a cumplir unas normas, unas reglas de juego, algo que parece lógico toda vez que los gobiernos anteriores, en esta diputación, repartían a dedo y por libre disposición los recursos públicos", aseguró Font.