O PP pide a renovación do Instituto Municipal de Deportes

Pontevedra
01 de setembro 2015

Tomás Abeigón asegura que "desde 2003" non se renovan os tres representantes que lle corresponden aos clubs deportivos da cidade, polo que os populares piden que se abra un proceso electoral. "No vemos con malos ojos que se reformule el IMD", engade o concelleiro do PP en relación ao modelo de xestión do organismo

Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra
Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra / PontevedraViva

A elección de representantes dos clubs deportivos da cidade dentro da xunta reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) leva paralizada "desde 2003".

Así o asegura o concelleiro do Partido Popular Tomás Abeigón, quen esixiu unha renovación destes cargos ante "la petición de algunos clubes" e que se abra polo tanto un período electoral.

Pedirano na próxima xunta dun organismo que, insisten, "no vemos con malos ojos que se reforme".

Para os populares o IMD "está escaso de personal, no se corresponde a los tiempos y su web está obsoleta", sinala Abeigón, para quen o mellor modelo sería unha fundación de deportes "con una gestión más ágil y dinámica".

Actualmente a representación dos clubs no IMD corresponde ao Club Piragüismo Ría de Pontevedra, Club Natación Galaico e ACD A Seca, que se suman os representantes dos partidos políticos que compoñen a corporación municipal, FANPA e Xunta de Galicia.