O PP solicita unha sesión extraordinaria do IMD para renovar os vogais dos clubs

Pontevedra
08 de outubro 2015

Un mes despois, o Partido Popular reitera a necesidade de renovar as tres vogalías o Instituto Municipal de Deportes (IMD) que corresponden aos representantes dos clubs deportivos da cidade. Lembran que esta renovación non se produce desde 2003 e que hai interese en diferentes colectivos para ocupar estas prazas para "dar voz a los protagonistas" do deporte pontevedrés, explicou o edil Tomás Abeigón

Xuntanza do PP con representantes de empresas e clubs deportivos da cidade
Xuntanza do PP con representantes de empresas e clubs deportivos da cidade

Un mes despois, o Partido Popular reitera a necesidade de renovar as tres vogalías o Instituto Municipal de Deportes (IMD) que corresponden aos representantes dos clubs deportivos da cidade. Lembran que esta renovación non se produce desde 2003 e que hai interese en diferentes colectivos para ocupar estas prazas para "dar voz a los protagonistas" do deporte pontevedrés, explicou o edil Tomás Abeigón.

Así, os populares pedirán a convocatoria dunha sesión extraordinaria da xunta reitora do IMD cun único punto na orde do día, o cambio nestas vogalías. É o acordo que alcanzaron este xoves con representantes de clubs e empresas relacionadas co deporte cos que se reuniron en dependencias municipais.

Para o PP é "urgente" que se convoquen estas eleccións para que a xunta reitora deste organismo sexa "más plural, democrática, variada e representativa". Ademais, aseguran que os vogais actuais, representantes de Club Piragüismo Ría de Pontevedra, Club Natación Galaico e ACD A Seca, "también consideran necesaria esta renovación, ya que no quieren continuar, se han desvinculado del deporte o lo consideran inoperativo", segundo Abeigón.

Ante esta situación, di, hai varios interesados en substituílos, especialmente por parte das empresas que xestionan instalacións deportivas e que, lembran, acollen a 8 de cada 10 pontevedreses que fan algún tipo de actividade física.

Este atraso na renovación do IMD é froito, denunciou o PP, do "nulo interés y dejadez" do goberno municipal con respecto ao deporte.