O PP preguntará ao Concello pola adhesión ao programa de vivendas baleiras da Xunta

Pontevedra
27 de outubro 2016

Cinco meses despois de que se aprobara no pleno, segundo o PP, o Concello de Pontevedra aínda non iniciou os trámites para adherirse ao programa de vivendas baleiras que puxo en marcha a Xunta de Galicia. Por iso, os populares avanzan que preguntarán na vindeira comisión de Benestar Social sobre este asunto

Vivendas de protección autonómica en Valdecorvos Diego Torrado

Cinco meses despois de que se aprobara no pleno, segundo o PP, o Concello de Pontevedra aínda non iniciou os trámites para adherirse ao programa de vivendas baleiras que puxo en marcha a Xunta de Galicia.

Por iso, os populares avanzan que preguntarán na vindeira comisión de Benestar Social sobre este asunto.

O PP recorda que este programa é unha medida que permitirá mobilizar as vivendas baleiras do municipio, xa sexan propiedade municipal ou de terceiros, coa fin de destinalas a alugueiro social, "favorecendo así que os colectivos máis vulnerables logren ter acceso a unha vivenda", destacou o edil popular, César Abal.

"Sen dúbida algunha, trátase dun asunto de vital importancia para o que é necesaria a colaboración entre as distintas administracións", asegurou, polo que queren coñecer por que non se tramitou a solicitude de adhesión. 

A día de hoxe, 43 concellos galegos xa solicitaron a adhesión ao programa de vivendas baleiras. Non é o caso de Pontevedra, segundo o PP, a pesar de ser un dos primeiros concellos en aprobar en Pleno esta inclusión.