O PP presenta unha emenda á totalidade contra os orzamentos da Deputación

Pontevedra
18 de decembro 2018

Ademais o grupo popular presentou alegacións, por uns 25 millóns de euros, "con la esperanza de que sean capaces de escuchar a alguien más que a si mismos"  

O PP provincial presenta a súa emenda no rexistro da Deputación PontevedraViva

O grupo provincial do Partido Popular presentou por rexistro este martes unha emenda á totalidade contra os orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2019.

A deputada popular Elena Muñoz xustificou esta decisión ante uns orzamentos de consideran que "están muy alejados de las necesidades de la provincia" polo que "vuelven a decepcionar a todos los pontevedreses" e son reflexo, engadiu, de como o goberno provincial PSdeG-BNG "se aleja de la realidad día a día" ao estar feitos "sin escuchar a nadie ni contar con los concellos, una vez más".

Elena Muñoz sinalou que as contas provinciais certifican que "hemos pasado de tener una Deputación cercana y abierta a las necesidades de la provincia a tener una Deputación aislada y enfrentada con todos".

Ademais o grupo popular presentou alegacións, por uns 25 millóns de euros, "con la esperanza de que sean capaces de escuchar a alguien más que a si mismos".

Nestas alegacións inclúense unha serie de demandas reiteradas ao longo deste mandato como son a redución de gastos correntes que consideran "desproporcionados", tamén entenden que non está xustificado o gasto en persoal polo que reclaman que se diminúa o diñeiro consignado a este fin, igualmente "pedimos que se reduzcan las partidas de publicidad y propaganda".

Outra das alegacións do PP demanda "que se eliminen las partidas destinadas a la privatización del mantenimiento de las carreteras provinciales" e pola contra que se aumentan as cantidades dirixidas á rede de estradas da Deputación. 

A deputada Elena Muñoz insistiu en que se inclúan no orzamento dúas partidas nas que o PP leva insistindo de maneira reiterada como son as axudas destinadas aos afectados polos incendios e aos veciños do Tui afectados pola explosión dun almacén de pirotecnia ilegal.

Outras alegacións do PP provincial están dirixidas á mellora do servizo de Emerxencias, o Parque de Maquinaria, a Leira de Mouriscade, apoio aos colectivos sociais, culturais e deportivos cun paquete de axudas dotado con 3 millóns de euros e en especial que se faga fincapé "en uno de los déficits más importantes que encontramos en el presupuesto" que son os fondos destinados ao plan de emprego para os que piden o seu incremento en 10 millóns de euros "y en particular 5 millones de euros más en becas destinadas a los jóvenes".

Finalmente, Elena Muñoz sinalou que o seu partido demandará unha "apuesta decidida" polo turismo.